luns, 4 de decembro de 2017

Que estás pensando? Pistas da cuarta semana

QUE ESTÁS PENSANDO? PISTAS DA CUARTA SEMANA

E chegamos ao final, aquí están as últimas pistas do concurso. Completa as frases, atopa ao seu autor ou autora, e deposita o resultado na furna que imos a poñer na biblioteca. A que non foi tan difícil?

luns, 27 de novembro de 2017

Que estas pensando? Pistas da terceira semana

QUE ESTÁS PENSANDO? PISTAS DA TERCEIRA SEMANA


Xa están aquí as pistas da terceira semana. Superamos o ecuador da proba e con estás pistas xa podes completar dúas das frases (a primeira e a segunda). A que non era tan difícil como semellaba? Moitos ánimos para o que queda!


luns, 20 de novembro de 2017

Que estas pensando? Pistas da segunda semana.


QUE ESTÁS PENSANDO? PISTAS DA SEGUNDA SEMANA


Vemos que xa ides avanzando no concurso. Noraboa! Pero aínda hai que seguir a esforzarse. Aquí tedes as pistas desta segunda semana do concurso

martes, 14 de novembro de 2017

Que estás pensando? Pistas da primeira semana

QUE ESTÁS PENSANDO? PISTAS DA PRIMEIRA SEMANA

 Aquí tes as seis primeiras pistas, unha por frase, do xogo de pistas "Que estás pensando?". Son máis sinxelas do que che poida parecer asi que ánimo!





venres, 10 de novembro de 2017

QUE ESTÁS PENSANDO?

Xa estamos traballando no novo concurso para a biblioteca, un divertido xogo de pistas. Titúlas "Que estás pensando?", e nel terás que resolver seis frases de famosos pensadores e pensadoras de todos os tempos. Para elo terás que ir resolvendo unha serie de pistas na biblioteca. Anímaste a investigar? 





Permanecede atentos a esta páxina e ao taboleiro da biblioteca!!!

mércores, 17 de maio de 2017

RESULTADOS DO CONCURSO CHAPARTE

Xa temos as gañadoras do concurso ChapArte. 

 Podedeas ver nas seguintes imaxes, asi como a bonita chapa que realizaron. Foi un concurso moi reñido, onde resultou moi complicado seleccionar as chapas gañadoras, asi que noraboa a todas e todos!!!
 

xoves, 16 de marzo de 2017

Concurso ChapArte... xa falta menos!

Xa falta menos para que remate o prazo para participar en ChapArte e aínda non temos moitas chapas no concurso. Para animarvos un pouco amosamos algunhas das chapas tan preciosas que os nenos e nenas de infantil están a facer...