luns, 16 de marzo de 2015

O ECLIPSE DO 20 DE MARZO


Algúns alumnos e alumnas estivéronme a preguntar hoxe sobre como ver o eclipse do vindeiro venres 20 e a que hora sucedía. Aquí vos deixo algúns enlaces e datos sobre como observalo.


A que hora é?

O eclipse non comeza en todas partes da Terra á mesma hora. Na nosa zona os horarios son os seguintes:

Comezo....   9:06
Máximo.... 10:09
Final.........  11:17

Aínda que é un eclipse solar total, en Galicia só será parcial. A parte boa da noticia é que neste curruncho de Europa será onde a Lúa cubra máis porción do Sol, un 75% aproximadamente, o que non está nada mal!

Como ver o eclipse?

NON DEBEMOS MIRAR NUNCA AO SOL DIRECTAMENTE. E MOI PERIGOSO!!!

Os eclipses obsérvanse:

- Por procedementos indirectos, proxectando dalgún xeito a imaxe do Sol.
- Con gafas especiais para eclipses (NON AS GAFAS DE SOL!!!)
- Unha careta de soldador é unha opción, pero debemos observar só durante uns segundos.

Hai procedementos moi sinxelos, caseiros, que nos poden permitir observar tranquilamente o eclipse. O máis doado é cunha cámara escura (observa a foto) como nos describen nesta páxina. Aí tamén tedes outros métodos moi enxeñosos para disfrutar tranquilamente e de xeito seguro a observación deste fenómeno astronómico. 


xoves, 5 de febreiro de 2015

Gandhi falou. Libros para o día da Paz



 A semana pasada, no taboleiro da entrada da biblioteca, Gandhi no dixo algunhas das súas frases máis famosas, seleccionadas polos diversos grupos da ESO. 



As escolleron de entre os libros da biblioteca que estaban ao seu pé, e que agora quedan no fondo da biblioteca.

 

mércores, 4 de febreiro de 2015

Entrega premios do Concurso "As árbores en Outono"

O pasado venres día 30 de Xaneiro a Directora entregou na biblioteca os premios ás gañadoras do concurso sobre as árbores en outono. Na categoría de 1º Ciclo da ESO resultou gañadora Iria Mosteiro, de 2º de ESO e na de 2º Ciclo da ESO Ainhoa García, de 4º de ESO.

Nas imaxes tedes o momento da entrega e ás dúas  gañadoras diante do panel cas ramallas e imaxes de árbores que tiveron que identificar.

MOITAS FELICIDADES!!!

Ainhoa recibindo o premio

Iria recibindo o premio

Ainhoa e Iria diante do panel cas ramallas da árbore


 

xoves, 29 de xaneiro de 2015

BENVIDOS!!!



BENVIDOS!

Ao blog da biblioteca escolar "Luis Seoane" do CPI "Camiño de Santiago", en O Pino. Nas vindeiras semanas iremos enchendo de infomación e novas esta páxina. Esperamos que sexa do voso interese!

Un saúdo!

O EQUIPO DE BILIOTECA