luns, 16 de marzo de 2015

O ECLIPSE DO 20 DE MARZO


Algúns alumnos e alumnas estivéronme a preguntar hoxe sobre como ver o eclipse do vindeiro venres 20 e a que hora sucedía. Aquí vos deixo algúns enlaces e datos sobre como observalo.


A que hora é?

O eclipse non comeza en todas partes da Terra á mesma hora. Na nosa zona os horarios son os seguintes:

Comezo....   9:06
Máximo.... 10:09
Final.........  11:17

Aínda que é un eclipse solar total, en Galicia só será parcial. A parte boa da noticia é que neste curruncho de Europa será onde a Lúa cubra máis porción do Sol, un 75% aproximadamente, o que non está nada mal!

Como ver o eclipse?

NON DEBEMOS MIRAR NUNCA AO SOL DIRECTAMENTE. E MOI PERIGOSO!!!

Os eclipses obsérvanse:

- Por procedementos indirectos, proxectando dalgún xeito a imaxe do Sol.
- Con gafas especiais para eclipses (NON AS GAFAS DE SOL!!!)
- Unha careta de soldador é unha opción, pero debemos observar só durante uns segundos.

Hai procedementos moi sinxelos, caseiros, que nos poden permitir observar tranquilamente o eclipse. O máis doado é cunha cámara escura (observa a foto) como nos describen nesta páxina. Aí tamén tedes outros métodos moi enxeñosos para disfrutar tranquilamente e de xeito seguro a observación deste fenómeno astronómico. 


0 comentarios:

Publicar un comentario