mércores, 27 de abril de 2016

XINCANA LITERARIA PREGUNTAS DO XOVES 28 DE ABRIL

6º PRIMARIA, 1º e 2º ESO:
1.    O autor do Quijote ten outro apelido que coincide co nome dunha parroquia galega:
·       Cal é o nome da parroquia?
·       A que concello pertence?
·       En que provincia están?

2.    Miguel de Cervantes participou nunha batalla naval na que saíu ferido e perdeu o uso da súa man esquerda. Busca o nome desa batalla.

3º e 4º ESO
1.    Nombre de la persona, contemporánea de Cervantes, que sentó las bases del Método Científico, el cual aplican los científicos en la actualidad.

2.   En la segunda parte de El Quijote, el protagonista es derrotado por un caballero. ¿Cómo se llama ese caballero? ¿Quién se esconde en realidad tras ese nombre? ¿Qué obligación le impone a don Quijote tras su derrota?

luns, 25 de abril de 2016

Preguntas da xincana literaria do 25 de abril


 


















Boas!!

aquí vos deixo as novas preguntas para a xincana:

 6º PRIMARIA, 1º e 2º da ESO:
- pregunta 1: En el Quijote, en el episodio de "La ínsula Barataria", en el que unos duques nombran gobernador a Sancho para burlarse de él, ¿de qué le advierte el duque a Sancho en una carta?
- pregunta 2:  Can you name two plays written by Shakespeare?

3ºe 4º da ESO:
- pregunta 1: Cervantes loitou en Lepanto ás ordes de Don Juan de Austria, quen logo sería enviado a Flandes por Felipe II. Seu sucesor en Flandes, Alejandro Farnesio interviu, tamén por orde de Felipe II, nas guerras relixiosas e polo trono que se desenrolaron en Francia no S.XVI. ¿Cal foi o rei que tras a intervención española accedeu finalmente ao trono francés?
- pregunta 2: No capítulo XLIII da primeira parte, Don Quixote, en medio dun panexírico á súa amada Dulcinea del Toboso, exclama: "Dame tú nuevas de ella, ¡oh luminaria de las tres caras!", nome poético que aplica á lúa.
      Preto do ano no que morreu Cervantes naceu un gran científico inglés que enunciou unha lei que explicaba, entre outras moitas cousas, porque a Lúa mantese xirando arredor do sol e non sae flotando pola galaxia adiante.¿de que lei estamos a falar?

Moita sorte a tod@s e ata o xoves!!

venres, 22 de abril de 2016

2ª tanda de preguntas da GRAN XINCANA LITERARIA- xoves 21 de Abril


Boas rapazas e rapaces!!
Dado que onte non foi posibe a publicación das preguntas correxpondentes ao xoves, publicamolas hoxe, cun día de retraso. Ahí van!:

PREGUNTAS XOVES 21 DE ABRIL

NIVEL 6º PRIMARIA, 1º E 2º ESO:
pregunta 1. Nos anos durante os que viviu Cervantes, inventouse o telescopio. ¿Quen foi o inventor e en que ano o inventou? 

pregunta 2- O autor do Quijote ten un apelido que coincide co nome dun concello galego:
  • Cal é o nome do concello?
  • En que provincia se atopa?
  • En que serra desa provincia se encontra o concello?

NIVEL 3º E 4º DA ESO:

pregunta 1-  (Consultar na edición do IV Centenario do Quijote) -No capítulo XI (1ª PARTE) do Quijote, o cabaleiro da triste figura te un encontro cuns cabreiros. Un “zagal” (mozo) que está con eles e sabe tocar un instrumento.
 Cal é? Que tipo de instrumento é? (Corda rozada, punteada, vento, percusión...)

pregunta 2- No ano 1547 Cervantes nace en Alcalá de Henares. Neste mesmo ano Miguel Anxo Buonarroti comeza unha das súas derradeiras obras escultóricas que quedará incompleta á súa morte. Atopa de que obra se trata.

Moita sorte e ata o luns que voltarán novas preguntas!!!


luns, 18 de abril de 2016

GRAN XINCANA LITERARIA!!


Queres ir ao CINE de balde cun/cunha acompañante?
Pois participa na...gran xincana literaria!!.

Este ano cúmprense 400 anos da morte de dous grandes escritores : Miguel de Cervantes e Shakespeare, seguro que todas e todos escoitachedes falar de "El Quijote" o de " El sueño de una noche de verano"...Para conmemorar tan importante data, dende a biblioteca e grazas á colaboración dos compañeiros e compañeiras profesores/as, temos preparado un gran concurso literario que consistirá nunha xincana de preguntas variadas relacionadas ou ben con Cervantes ou con Shakespeare (a súa obra, a súa vida ou cousas que pasaron na época que viviu...).

O concurso ten as seguintes bases:
1. As preguntas van a estar divididas en dous niveis de participación:
- un para as/os alumnas/os de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
- outro para as/os alumnas/os de 3º e 4º da ESO

2. Cada luns e xoves publicaranse 4 preguntas novas (2 para cada nivel de participación) que poderedes atopar neste blogue e nun cartel na porta da biblioteca.

3. A resposta a ditas preguntas deberedes buscala nos libros da biblioteca. Algunhas preguntas teñen pistas de onde debedes buscar.

4. Cando atopedes a resposta deberedes escribila na papeleta de participación que se vos dará na biblioteca, onde deberedes indicar ademáis da resposta o número de rexistro do libro onde a atopaches e a páxina, de non ser así a resposta non será válida.

5. As preguntas que conteñen varias partes deben de ser contestadas todas as partes correctamente para ser válidas.

6. Ao final do concurso, que aproximadamente durará un mes, entre os/as participantes que respostaran correctamente a todas as cuestións plantexadas realizarase un sorteo e o gañador/a recibirá un premio consistente en...
DÚAS ENTRADAS PARA O CINE!!
UNHA FANTÁSTICA CAMISETA!!
UNHA BOLSA DE TELA DA BIBLIOTECA!!
UNHA LIBRETA!!
UN PAR DE CHAPAS!!

8. En caso de non haber ninguén que acerte todas as preguntas o gañador/a será o que máis preguntas teña contestadas de xeito correcto.

E con todo isto...damos o pistoletazo de saída ao concurso coas primeiras catro preguntas...adiante e moita sorte!!.

PREGUNTAS LUNS 18 DE ABRIL:
NIVEL 6º PRIMARIA, 1º E 2º ESO:
pregunta 1- Que cantos e bailes da época sabe a Gitanilla? (Buscar nas Novelas Exemplares: La Gitanilla)

pregunta 2- You know Shakespeare died exactly on the same date as Cervantes......
                   - Which year was it?
                   - Which month?
                    - Which day?

NIVEL 3º E 4º DA ESO:
pregunta 1- Cervantes estuvo preso cinco años en Argel (1575-1580). ¿Cuántos intentos de fuga                protagonizó el escritor? Finalmente, ¿con qué cantidad de dinero se compró su libertad?

pregunta 2-  Otto von GuercKe-Maestro de Magdeburgo, que vivió en el siglo que Cervantes murió,  ¿que es lo que demostró con su famosisima experiencia?

SORTE Á TODO O MUNDO!!


          

 

martes, 12 de abril de 2016

IV Centenario da morte de Cervantes


Este ano conmemórase que un 23 de Abril de hai 400 anos que Miguel de Cervantes Saavedra finou, e para tan importante efeméride, o MECD pon a disposición da xente unha páxina chamada 400cervantes onde se pode realizar un extenso percorrido virtual na vida e obra deste magnífico escritor, ademáis de diferentes enlaces a axenda cultural, novas de prensa ou emisións televisivas sobre o mesmo.

Dende aquí o equipo da biblioteca vos invita a curiosear para ir quentando motores de cara ao gran concurso "cervantino" que estamos preparando para as vindeiras semanas...adiante!!