luns, 30 de maio de 2016

Xa temos gañador da Xincana literaria!!

Resultado de imagen de copa de ganadorBoaaaaass!!
Xa temos gañador da Xincana Literaria!!!  e o gañador é....

Víctor Barreiro San José de 3º da ESO!!
Noraboa ao gañador e moita sorte aos participantes para a seguinte convocatoria do certame!!

Boas lecturas!!

luns, 9 de maio de 2016

Visita do autor Pere Tobaruela

 Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente en Rois. 
 É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. 

Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. 

Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. 
En Xerais ten publicados o libros: “Vouvos papar” (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; “A cripta do apóstolo” (2010), novela xuvenil; “Poñente” (Xerais, 2011) ; “O códice do Santo Lugar” (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil. 

A súa visita foi do máis interesante e presentounos a súa obra Formig4s, un cómic para nenos e no tan nenos no que el é autor da letra e Andrés Meixide dos debuxos.


Nestas imaxes podemos ver aos alumnos de 6º de primaria disfrutando co que lles contaba Pere.

Moitas grazas pola túa visita!!







preguntas 5 de maio da xincana literaria

PREGUNTAS DO LUNS 5 DE MAIO...AS DERRADEIRAS!!

6º PRIMARIA, 1º E 2º DA ESO:

1ª:
Unidad de presión muy utilizada en el espacio televisivo "El Tiempo" que lleva el nombre de un cientiífico que vivión en el mismo siglo que Cervantes.

2ª:
No tempo de Shakespeare e Cervantes, os seua respectivos reinos estaban enfrontados. Busca o nome da expedición bélica naval que zarpou de España para intentar conquistar Inglaterra e o ano no que tivo lugar.

3º e 4º da ESO:

1ª:
Where does Hamlet take place?What was the name of Hamlet's uncle? What did he do? Why?

2ª:
No capítulo XLVI (2ªPARTE), Don Quijote, namorado de Altisidora, lle canta un romance acompañándose dun instrumento de corda da época. Cal é?


O derradeiro día para entregar as respostas na biblioteca será o venres 20 de Maio.
IMPORTANTE: as respostas teñen que ir apuntadas na papeleta pola mesma orde coa que foron saíndo.
Moita sorte!!

mércores, 4 de maio de 2016

Preguntas xincana literaria do 4 de Maio

gincana-blog


Boas!!
aquí van as preguntas da xincana literaria correspondentes ao xoves 4 de Maio:
 6º PRIMARIA, 1º e 2º da ESO:
1. En 1553 un famoso español chamado Miguel Servet describiu por vez primeira a Circulación Menor, tamén coñecida como pulmonar.Pregunta:¿saberías dicir quen foi o que descubriría en anos posteriores o outro tipo de circulación que existe no noso corpo?
2. Año en que Galileo, contemporáneo de Miguel de Cervantes, descubrió los cuatro satélites mayores de Júpiter.

3º e 4º da ESO:
1.  Can you name the rival families in the play Romeo and Juliet written by Shakespeare?,Where does the story take place?
2. Na época na que viviron Cervantes e Shakespeare as letras galegas vivían os seus
Séculos Escuros. Aquí vos van un par de preguntas sobre esa época en Galicia:
Isabel de Castro e Andrade escribiu poemas en galego e castelán
- En que época viviu esta autora?
- Onde se recolleron os seus poemas?
- Que tipo de poema en galego se conserva desta poetisa?
- Con el pretendeu facer unha loanza a quen ou que?

Moito ánimo...xa non queda nada de concurso...o luns vai a derradeira tanda de preguntas!!


luns, 2 de maio de 2016

Día do libro



O pasado 23 de Abril foi o Día do libro.
Os libros...o libro fai soñar e vivir experiencias nunca imaxinadas. Os libros fan rir, chorar, tremer, pensar...fan sentir a pel doutro...podes viaxar a lugares xeniais ou ao interior de ti mesmo...podes envellecer ou voltar á túa tenra infancia...os libros fan tantas cousas!!.
Aquí che deixo o enlace a un precioso corto gañador do Óscar en 2012 á mellor curtametraxe de animación e que mostra como os libros poden facer todo iso e moito, moito máis...que o disfrutedes!!
The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore

Dende o centro tamén celebramos o día do libro cuns "quixotes" moi especiais...

Preguntas da xincana literaria- 2 de Maio


Boas!!
aquí vos deixo as preguntas deste luns para a xincana:
6º PRIMARIA, 1º e 2º da ESO:

1.La locura de Alonso Quijano, quien se cree el caballero andante don Quijote de la Mancha, se debe a las muchas novelas de caballerías que ha leído. Cita dos títulos de estas novelas que se encontraban en la biblioteca de la casa de don Quijote.

2.  Tedes que buscar na entrada Shakespeare dalgunha das enciclopedias en
galego que hai na biblioteca para responder ás seguintes cuestións:
- Que autor galego escribiu unha obra de teatro baseándose nun personaxe
moi famoso do recoñecido autor inglés?
- Cal é o título desa obra?
- En que ano se publicou?

3º e 4º ESO:
1.Pedro Vázquez de Neira foi outro poeta galego coetáneo de Cervantes e
Shakespeare, del consérvase un poema
- Que tipo de poema é?
- Como se titula?
- A quen está dedicado?

2.Hai no Quixote unha referencia poética ao sol que, con un pouco de imaxinación, quizá podería interpretarse como unha solapada alusión ao heliocentrismo: "¡Oh, perpetuo descubridor de los antípodas, hacha del mundo, ojo del cielo, meneo dulce de las cantimploras! ¡Trimbio aquí, Febo allí, tirador acá, médico acullá, padre de la poesía, inventor de la música! ¡Tú que siempre sales y, aunque lo parece, nunca te pones! A ti digo, ¡oh sol, con cuya ayuda el hombre engendra al hombre! ".Co a frase "¡Tú que siempre sales y, aunque lo parece, nunca te pones!" Podería aludir a que o movemento do sol é só aparente e que a Terra é a que en realidade se move...e falando disto...uns anos antes do nacemento de Cervantes un famoso astrónomo polaco publicou unha revolucionaria teoría sobre o movemento dos astros na galaxia coa que contradecía ás teorías de Ptolomeo...Pregunta: ¿quen foi ese famoso astrónomo?


Xa vai quedando menos de concurso!!a semana que ven remataremos, así que...a por todas!!

Boas lecturas!!

O clube de lectura e as redes sociais



 Gustaríache seguir todas as actividades do Clube de Lectura da nosa biblioteca?
por se aínda non o sabes pódes facelo unindote a súa páxina do facebook, cuxo enlace deixoche aquí.
Páxina do facebook do Clube de lectura

Así non te perderás ningunha actividade ou recomendación.

Boas lecturas!